Horacio Cupeiro lembrou tamén que na praia das Illas se vai crear, nunha zona de masa común, outro aparcadoiro para medio cento de vehículos e que, a maiores, “nos Castros contamos con outro terreo para que poidan estacionar uns 150 coches”. Ademais disto, o edil de Medio Ambiente confirmou que o Concello está “preparando un dos aparcadoiros de Rinlo, con capacidade tamén para uns 150 coches, e agardamos telo listo para cando se celebre a Festa do Percebe o vindeiro 9 de agosto”.
O edil de Medio Ambiente agradeceu, en nome do Concello, a boa predisposición amosada polo propietario que cedeu o terreo na área das Catedrais “de cara a darlle solución á problemática do aparcadoiro que presenta este areal”. Así mesmo, Horacio Cupeiro asegurou que o goberno local agarda que esta medida beneficie aos turistas que van visitan estas zonas.