A programación cultural de Ribadeo ata finais de ano inclúe moitas propostas musicais e teatrais e unha nova exposición arredor de Leopoldo Calvo-Sotelo. 

Axenda cultural Ribadeo último trimestre 2026

A programación cultural de Ribadeo ata finais de ano inclúe moitas propostas musicais e teatrais e unha nova exposición arredor de Leopoldo Calvo-Sotelo. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, lembrou que “a axenda cultural deste trimestre comezou cun mes de outubro repleto de actuacións teatrais tanto na vila, coa Mostra Daniel Cortezón, como nas parroquias. Tamén tivemos a oportunidade de asistir á edición número once das Xornadas Mar por Medio e rematamos o mes coa celebración do Día das Bibliotecas e co Vendaval Fest Galiñeiro”.

A edil ribadense explicou que “novembro é de sempre un mes moi musical por celebrarse a súa patroa Santa Cilla. Tanto a Coral Polifónica como a Banda de Música Municipal farannos gozar  coas súas propostas. Pero tamén teremos teatro familiar, o día 15 con A Alquimista, no día de San Alberto Magno, patrón dos químicos e químicas queremos espertar vocacións científicas femininas. E o 22 o auditorio acollerá a obra Sobria e Serena: o chou. Neste mes teremos tamén unha programación específica para lembrar a Loita contra a Violencia de Xénero,  arredor do 25N”.

Sanjurjo indicou que “en decembro, o último mes do ano 2026, no que lembrabamos a don Leopoldo Calvo Sotelo, aínda nos quedan algún actos desta efeméride. Por exemplo a exposición A biblioteca do noso presidente, que poderemos visitar na nosa biblioteca municipal. O 13 teremos Profetas, de Ítaca teatro. O 12 e o 19 a Escola municipal de Música e Danza amosarán o seu bo facer nos festivais de Nadal. A Coral traerá á igrexa parroquial as tradicionais panxoliñas o día 22 e o 29 a Banda Municipal co concerto Aquí como en Viena, ocupará un novo espazo, o pavillón municipal con algunhas sorpresas. Coa asociación Os Catro Caños celebraremos o pre fin de ano o día 26. Isto non será o único que nos traía o Nadal. Estade atentos a programación!! Vémonos nos espazos culturais”.

Ir o contido