A praia das Catedrais estará pechada o 12 de agosto para garantir a seguridade das persoas que acudan a ver o eclipse solar.

A praia das Catedrais estará pechada o 12 de agosto para garantir a seguridade das persoas que acudan a ver o eclipse solar.

A praia das Catedrais estará pechada o 12 de agosto para garantir a seguridade das persoas que acudan a ver o eclipse solar. Ribadeo e Lalín seguirán este fenómeno a través de pantallas xigantes coas explicacións que ofrecerá o profesor José Ángel Docobo, que é catedrático de astronomía da USC e director do observatorio Ramón María Aller. 

O alcalde, Dani Vega, explicou que “hoxe tivemos unha reunión coa Consellería de Medio Ambiente, concretamente coa directora de Patrimonio Natural, para coordinar todos os traballos relativos ao eclipse do vindeiro 12 de agosto. Nas Catedrais, punto de referencia e de encontro, onde tamén vai ter presenza Lalín con esa pantalla onde a explicación do profesor Docobo vai ser unha explicación do que é o eclipse e  tamén das perseidas, é unha charla pedagóxica para explicar o impacto e o que significa o eclipse. Nas Catedrais o eclipse verase durante un minuto 45 segundos de tempo e iso convértenos no concello onde mais tempo poderemos disfrutalo”.

O rexedor dixo que “a praia das Catedrais é un espazo, un sitio, un entorno natural perfecto. Estamos acostumados a xestionar 4.500 persoas diariamente nese areal, pero o que é verdade é que temos que tomar medidas. Primeiro, o areal vai estar pechado, nos próximos días, a Consellería tamén informará a todos os axentes implicados, o 12 e tamén o 13 de agosto ata as 7:30 da mañá non se vai poder entrar na praia das Catedrais, tampouco vai permitirse sacar pases para esas datas. Iso vai estar todo coordinado. O espazo onde poderá verse o eclipse vai ser no aparcamento público, aí estará situada a pantalla e aí será a explicación, todo perfectamente coordinado, por iso no día de onte tiñamos a xunta local de seguridade e en consecuencia está todo organizado”. 

Vega engadiu: “agradecer á directora xeral de Patrimonio Natural, ao director territorial de Medio Ambiente, aos técnicos municipais e da Xunta a coordinación perfecta e tamén neste caso outra vez á Policía Local, porque estamos traballando de forma conxunta con todas as administracións”.

O alcalde ribadense subliñou: “creo que pode ser unha oportunidade para Ribadeo converterse nese espazo para poder observar o eclipse e con esa coordinación e con esa colaboración institucional moito mellor”.

Ir o contido