Está organizada polo Concello e por Xesta Natureza.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “se trata de pasar unha tarde gozando da natureza e do deporte. Coa axuda dun mapa os participantes terán que percorrer unha serie puntos que aparecen nunha orde determinada. Cada quen escolle a ruta entre un punto e outro, tendo sempre en conta a información que atopará no devandito mapa”.
O edil ribadense contou que “se trata dunha proba por equipos que combina a orientación con mapa e diferentes probas denominadas especiais. O tempo máximo para facer o percorrido será de dúas horas e media”.
Silvent dixo que “a inscrición é gratuíta e pode realizar a través de www.xestanatureza.com Haberá catro categorías denominadas: Xestiñas, Xestas, Xesteiras e Chorima. Esta I Xincana de Orientación Vila de Ribadeo está aberta ao público xeral, desde familias con nenos ata persoas algo máis experimentadas. Tamén existe a posibilidade de facer percorridos adaptados para persoas con mobilidade reducida”.
E engadiu que “desde o Concello de Ribadeo animamos á xente a participar nesta cita o vindeiro 19 de outubro. Haberá avituallamento sólido e líquido ao rematar a proba, que dará comezo na Casa do Concello ás 17:00 horas. Será unha forma divertida de pasar unha tarde en contacto coa natureza e facendo deporte”.