A Garda Real causou expectación esta tarde en Ribadeo.

Ducias de persoas seguiron esta tarde as actividades da Garda Real en Ribadeo, que deron comezo cunha exposición estática no Parque de San Francisco e cunha exhibición da Sección de Movementos Floreados e Lanceiros no paseo marítimo, onde tamén tivo lugar o desembarco coa colaboración do grupo de mergullo. 

Os asistentes puideron ver a montaxe da Garda de Honra no Concello, un pasarrúas e evolucións na contorna da Praza de España e un desfile. A toda esta programación asistiron o alcalde, Dani Vega, concelleiras e concelleiros do equipo de goberno, así como representantes da vida civil e asociativa de Ribadeo. 

O solemne izado da bandeira será mañá ás 16:30 horas. 

Ir o contido