A cita terá lugar ás 19:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebrará este mércores, 18 de novembro, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cilla, patroa da música. A cita terá lugar ás 19:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, con entrada libre e de balde ata completar aforo.

Esta actuación supón a estrea das actividades abertas ao público do centro no presente curso escolar. Sobre o escenario daranse cita alumnas e alumnos das distintas especialidades, que ofrecerán un repertorio variado con obras de diversos estilos a cargo das agrupacións de vento, corda, tecla e danza, entre outras formacións da escola. 

O concerto de Santa Cilla servirá ademais como antesala do Festival de Nadal da EMMeD, previsto para os vindeiros sábados, 12 e 19 de decembro, tamén no Auditorio Hernán Naval, e nos que está previsto que participe a maior parte do alumnado do centro.

Ir o contido