A conselleira de Política Social visitou hoxe as obras que o seu departamento realiza na Escola Infantil de Ribadeo.

091124 Foto visita Fabiola García a Ribadeo 1 (2)

O alcalde, Dani Vega, explicou que “esta fin de semana, Fabiola García, a conselleira de Política Social, visitou as obras que estamos realizando nestes momentos na Escola Infantil. Cun orzamento de máis de 20.000 euros e o que estamos a facer é arranxar todo o solo, o acceso que vai á zona dos carriños, tamén estamos arranxando a fachada e acondicionando o muro exterior e tamén reparando as vallas do xardín”.

O rexedor indicou que “nestes momentos a inversión realizase toda no exterior da Escola Infantil, pero tamén se fixeron rematando o 2023 certas melloras. Foron 125.000 euros de inversión, onde tamén se reparou toda a planta baixa, a construción de baños, reparación da tarima de certas aulas, a escaleira exterior, o acondicionamento tamén do mobiliario tanto interior como exterior. É dicir estamos continuamente investindo na Escola Infantil, algo fundamental tanto para o Concello como para a Xunta. Creo que hai que destacar todo o que se está facendo na educación pública”.

E engadiu: “tamén hai que felicitar ás traballadoras e traballadores da Escola Infantil. Fan un gran traballo. E, polo tanto, tamén iremos paulatinamente cubrindo esas prazas que son fundamentais para desenvolver o traballo cotiá. Polo tanto, un agradecemento aos traballadores, ás traballadoras, un agradecemento tamén as familias, para que sigan apostando por esta Escola Infantil, e á Xunta de Galicia, porque así dá gusto traballar cunha administración que sabe investir e ten un obxectivo claro, que é investir en Ribadeo. E o noso agradecemento tamén ás traballadoras da Concellería de Benestar Social. O Concello de Ribadeo seguirá traballando arreo para xestionar a inversión e así mellorar o día a día do noso municipio”.

Fabiola García tamén coñeceu de preto a cestiña dos arrolos do Concello ribadense.