A Confraría de Pescadores de Ribadeo acollerá un taller de iniciación ao microscopio o vindeiro 18 de xullo.

O alcalde, Dani Vega, contou que “o 18 de xullo vamos facer un curso na Confraría de Pescadores de Ribadeo para a iniciación ao microscopio. Aí vas aprender preparacións microscópicas e observar os secretos que esconden a ría. Contamos coa colaboración da Xunta de Galicia, do Centro de Cultivos Marinos e evidentemente co profesor, coa persoa que vai preparar todo isto que é Dani Prieto”.

O rexedor cre que a “colaboración entre as administracións está sendo un éxito, tamén no aspecto formativo, e dámoslle un impulso moi importante a Confraría de Pescadores, á nosa lonxa, porque tamén, aparte de facer o traballo cotiá, empeza a facer actividades divulgativas, formativas, entorno ao que esconde a ría e todos os aspectos formativos no sector pesqueiro”.

Dani Prieto dixo que o curso dará comezo ás 11 da mañá e engadiu que “contamos con la colaboración del Concello de Ribadeo, de la Xunta de Galicia y del Centro de Cultivos Marinos de Ribadeo. Podéis apuntaros en el siguiente correo electrónico: biologo@cofradiaribadeo.org”.