A Biblioteca Municipal “El Viejo Pancho” de Ribadeo organiza un curso de escritura creativa para maiores de 16 anos.

A Biblioteca Municipal “El Viejo Pancho” de Ribadeo organiza un curso de escritura creativa. para maiores de 16 anos

A Biblioteca Municipal “El Viejo Pancho” de Ribadeo pon en marcha un curso de escritura creativa que dará comezo no mes de setembro. A actividade está dirixida a persoas maiores de 16 anos que desexen explorar a súa imaxinación, mellorar as súas habilidades narrativas e gozar do pracer de escribir en compañía.

O curso conta cun máximo de 12 prazas, polo que é preciso inscribirse con antelación.

As persoas interesadas poden solicitar máis información e formalizar a inscrición a través da aplicación Whatsapp no número 604 084 201 ou no correo electrónico biblioteca@ribadeo.gal.

A Concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “con esta iniciativa, a Biblioteca Municipal continúa ampliando a súa programación de actividades culturais e formativas, ofrecendo á veciñanza espazos de encontro e creación arredor da lectura e da escritura”.

Ir o contido