O concelleiro nacionalista dixo que “dende a Área de Limpeza Viaria seguimos na reestruturación e nova adquisición de contedores. Estes días estase a reforzar algunha zona necesitada de máis colectores de vidro”. O seu departamento está tamén a cambiar os que están máis deteriorados. Estes traballos seguirán nas vindeiras semanas, que será cando se reciban novas partidas de colectores.

Díaz Freije lémbralla á veciñanza que “tanto os contedores como o mobiliario urbano son de todos e, para a súa conservación, debemos facer un bo uso de todos eles. Quero advertir a todos e todas, tanto a empresas como particulares, que fan un uso indebido, ben sexa pegando ou anunciando mediante carteis ou pequenas notas que son responsables deste mal uso. Todo isto é polo ben de Ribadeo, por un Ribadeo mellor e por un Ribadeo máis limpo”.

Ir o contido