Sesión de contos teatralizados para a conmemoración do Día do Orgullo LGTBI+.

Sesión de contos teatralizados para a conmemoración do Día do Orgullo LGTBI+

O pasado venres, o alumnado de 5º e 6º de Primaria puido disfrutar dun divertido espectáculo de narración oral, Rosa e Azul, da man de Urdime Produción.

A actividade estaba proxectada dentro do programa “O Concello cos coles” e encadrada nos actos previstos polo Concello para a conmemoración do Día do Orgullo LGTBI+, que se celebra o próximo 28 de xuño.

Desde a Biblioteca e a área de Igualdade, en colaboración co programa de animación á lectura Ler Conta Moito promovido pola Xunta de Galicia, quixemos celebrar a diversidade e rachar cos estereotipos de xénero.

Nenas e nenos quedaron encantados cos xiros de guión dos contos tradicionais.

Ir o contido