Ribadeo presentou o Plan de Salvamento e Seguridade para este verán e procedeu ao izado da bandeira azul na praia das Catedrais.

Ribadeo presentou o Plan de Salvamento e Seguridade para este verán e procedeu ao izado da bandeira azul na praia das Catedrais.

Ribadeo presentou hoxe o Plan de Salvamento e Seguridade para este verán e procedeu ao izado da bandeira azul na praia das Catedrais. O acto contou coa asistencia de socorristas, técnicos sanitarios, persoal de limpeza dos areais e de obras, Policía Local, Garda Civil e Protección Civil, o alcalde, Dani Vega, os concelleiros de Medio Ambiente, Seguridade e Turismo, Diego Dos Santos, Montse Seijo e Marta Saiz, así como a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. 

O rexedor dixo que “Ribadeo conta cun plan de seguridade para estes meses, onde se incrementa considerablemente a poboación. Por iso socorristas, Policía Local, Protección Civil e Garda Civil queremos coordinar todo un plan de seguridade. Importante tamén é a colaboración entre as administracións e traballar arreo e traballar conxuntamente onde o mes de xuño, xullo, agosto e tamén setembro Ribadeo incrementa a súa poboación”. 

Vega declarou: “cumprir os parámetros de seguridade, cumprir toda a normativa e garantir a seguridade ese é o obxectivo claro do Concello de Ribadeo. Durante estes meses qué estivemos facendo? Preparando a todos os socorristas, Ribadeo é único Concello que xestionou o curso de socorristas e foi gratuíto para todos. Tamén incrementamos os meses de contratación, 3 meses de contratación aos socorristas,  e incrementamos os seus salarios. Iso é o que fai posible que o hoxe Ribadeo conte con socorristas, 100 % todos son socorristas e polo tanto iso é algo a destacar. A Policía Local, Guarda Civil e Protección Civil á organización e á cooperación conxunta para garantir a seguridade en todos os areais, nas rúas de Ribadeo e tamén nos eventos, que Ribadeo ten moitos e de moita calidade”. 

O alcalde engadiu: “creo que a coordinación, creo que o traballo, durante estes meses para conseguir un plan organizado, un plan de seguridade, creo que é un bo traballo. Seguir traballando e, evidentemente, traballar nese Ribadeo seguro que queremos todos”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “agradecer o convite do alcalde para participar neste acto. Agardamos que sexa un bo verán para todos, que a xente sexa respectuosa coas indicacións do servizo de salvamento, socorrismo e seguridade, e que respecten ao máximo o medio ambiente e os espectaculares paraxes naturais que van atopar en Ribadeo. Imos recibir nas vindeiras semanas a milleiros de turistas aos que atenderemos da mellor maneira posible desde os negocios locais deste concello”.

O servizo de salvamento, composto por 14 socorristas e 3 técnicos sanitarios, velará pola seguridade nas praias ribadenses entre o 15 de xuño e o 15 de setembro. Dani Vega deulle esta mañá é benvida a todo o persoal que traballará este verán.

O acto concluíu co izado da bandeira azul, que un ano máis loce a praia das Catedrais, e cunha foto.  

Ir o contido