O vindeiro sábado, 31 de maio, celebrarase no Parque San Francisco o 1º Concurso de Tortillas de Ribadeo, baixo o título Dalle a Volta.

tortillas 2025

O vindeiro sábado, 31 de maio, celebrarase no Parque San Francisco o 1º Concurso de Tortillas de Ribadeo, baixo o título Dalle a Volta. Trátase dun evento gastronómico e lúdico sen ánimo de lucro, que contará cun completo programa de actividades dende as 13:30 horas ata a noite.

O evento ofrecerá espazo de ludoteca infantil, cantina, música tradicional en directo, sesión vermú, concertos e un concurso no que os aspirantes competirán en dúas rondas de cociñado en directo. O xurado está composto por representantes do ámbito gastronómico e veciñal.

O concurso repartirá cinco premios, incluíndo achegas económicas e agasallos de patrocinadores locais. A iniciativa está organizada coa colaboración do Concello de Ribadeo, empresas locais e colectivos sociais.

A participación e asistencia son totalmente gratuítas.

Ir o contido