Ribadeo participou o pasado domingo nunha xornada de limpeza dos fondos mariños, que foi organizada polo Club de Buceo Costa Lugo.

Ribadeo participou o pasado domingo nunha xornada de limpeza dos fondos mariños, que foi organizada polo Club de Buceo Costa Lugo.

Ribadeo participou o pasado domingo nunha xornada de limpeza dos fondos mariños, que foi organizada polo Club de Buceo Costa Lugo. A cita foi impulsada a nivel estatal pola Red de Vigilantes Marinos, a través da súa campaña anual Libera. Contaron coa colaboración do Concello de Ribadeo, Protección Civil e  Real Club Náutico de Ribadeo. 

A actividade permitiu a retirada dunha grande variedade de residuos do fondo mariño do porto deportivo como vasos, botellas, cordas e obxectos pouco comúns como unha chave automática dun coche, un teléfono ou uns alicates especiais. 

Xunto aos asistentes estivo o alcalde, Dani Vega, que lles agradeceu “a súa participación nesta cita, que o pretende é concienciar sobre a importancia de coidar o noso mar, o noso entorno natural, evitando tirar todo tipo de obxectos e de residuos nas praias, nas rías ou nos océanos”. 

En Galicia foron retirados nesta campaña 5.300 quilos de residuos dos fondos mariños, que se traducirán en quilos de alimentos destinados á Federación Española de Bancos de Alimentos, unindo así o compromiso ambiental cunha vertente social.  

Ir o contido