Ribadeo coloca cubrecontedores de material reciclado, que requirirán de pouca conservación. Xa se poden ver en Rinlo, que tamén conta con servizo de limpeza viaria propio.

Ribadeo coloca cubrecontedores de material reciclado, que requirirán de pouca conservación. Xa se poden ver en Rinlo, que tamén conta cun traballador municipal encargado do servizo de limpeza viaria nesta turística vila.
O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos investindo e mellorando os espazos onde se colocan os contedores. Se empezábamos todo un traballo por todas as parroquias, facendo esas bases de formigón e de pedra vista, agora tamén quixemos mellorar todos os espazos de Rinlo. Así nolo pedía a asociación de veciños. Polo tanto, colocamos cubrecontedores en dous espazos onde non estaban realmente moi ben, que é na entrada de Rinlo, ao lado da Praza de San Pedro, e tamén na zona portuaria. Fixemos dúas bases de formigón, puxemos pedra e agora colocamos dous cubrecontedores de material reciclado, é dicir apostamos polo medio ambiente, pero tamén por material que teña unha nula conservación. Ese material de plástico duro, material reciclado convértese nun cubrecontedor que non vai ter apenas conservación. Esta demanda da asociación de veciños de ter os espazos cada vez mellor, máis limpos, máis conservados, e tamén coidando a estética, pois estámolo a facer en Rinlo e en moitos areais, como pode ser a praia das Catedrais, e vamos colocalos nos Castros e así pouquiño a pouco”.
O rexedor subliñou que “tamén en Rinlo quixemos ter un servizo de limpeza propio e único para este enclave. É un traballo que é moi importante o de ter os espazos limpos, ter as rúas limpas nunha vila mariñeira e turística como é Rinlo, onde tamén se concentra un número moi importante de persoas e onde hai moita restauración moi xunta. Eu creo que é importante ter Rinlo ben coidado con esa mensaxe de que coidamos o entorno, tamén o patrimonio, os espazos verdes. Polo tanto esa persoa, ese traballador municipal estará permanentemente en Rinlo. Xa leva practicamente un mes e así vamos a seguir coidando todos os espazos e intentar ter o mellor posible todos os entornos”.
Vega considera que “na limpeza, evidentemente, o Concello ten que facer moito, pero tamén é cousa de todos. Pedimos responsabilidade e pedimos que se pense en que, cando se vai a un contedor, hai unhas horas por exemplo a partir das 8 da tarde para botar o lixo, de coidar os entornos… Eu creo que é importante que teñamos conciencia de coidar, conservar e limpar todos os entornos e tamén por parte do Concello facer todo o posible para que así se faga”.