O prazo do que dispoñen será de 3 meses.

O alcalde, Dani Vega, anima “a solicitar subvencións para rehabilitar as casas no conxunto histórico no Ari de Ribadeo e tamén no Ari de Rinlo. O prazo xa está aberto, será de tres meses para solicitar esta subvención e ten valoracións. Evidentemente, enerxía primaria non renovable, redución do consumo da enerxía primaria e todo o que afecte á estrutura tanto de cubertas como de cerramentos, que aí tamén hai un aforro enerxético, todo ten unha valoración, dende 30 puntos a 10 puntos”.

O rexedor subliñou que “é necesario cumprir os requisitos, é dicir a redución do consumo da primaria non renovable polo menos que sexa do 30% e a redución da demanda enerxética anual global de calefacción, refrixeración, polo menos dun 35%. As axudas van dende 8.000 euros a 21.400, preto de 22.000 euros. E a subvención do custo da actuación poderá ser dende o 40 % ao 80 % da contía máxima por axuda”.

Vega explicou: “estamos a falar de que hai un período considerable para xustificar a subvención, que é ata o 30 de abril de 2026, e cando se publique no Boletín Oficial da Provincia, xa se poden solicitar estas subvenciones”.

O alcalde ribadense engadiu: “nosoutros, dende o Concello, sempre o dicimos: obxectivo rehabilitar, obxectivo conservar, obxectivo coidar o noso casco histórico de Ribadeo e tamén o Ari de Rinlo. Recordar que estamos nos 20 anos de declaración BIC de todo o conxunto histórico, durante todo este tempo todos os gobernos intentaron facer o mellor para conservar un conxunto histórico que, desde logo, é o máis vivo, o máis renovado e con máis actividade tamén de toda a provincia.

Volvemos sacar estas subvencións co obxectivo de rehabilitar e conservar o conxunto histórico de Ribadeo e o Ari de Rinlo”.

Ir o contido