O rexedor aludiu a o anuncio do Consello da Xunta de hoxe “onde se acorda iniciar o trámite para facer un plan de conservación do monumento natural das Catedrais”. Para Fernando Suárez “é unha nota chea de boas palabras, en canto á regulación, á ordenación de todo ese entorno, pois parece moi positivo, pero o que precisamos é que isto se explique polo miúdo por parte da Xunta porque a delimitación actual da praia e do seu entorno máis inmediato, o que está desde hai nove anos declarado monumento natural, é a día de hoxe insuficiente ao non recoller as posibilidades de actuación de aparcamentos, de apeadeiros de Feve, de poder peatonalizar o acceso da estrada provincial no sentido de facer outra alternativa, etc…”.
O alcalde indicou que “si isto non se amplía sería unha frustración colectiva que nós non desexamos, de aí a proposta do Concello desde hai moito tempo e da Deputación tamén para a declaración de parque natural dunha zona moito máis ampla”. E engadiu que “en todo caso e sen desmerecer nada por todo isto quixemos convidar e convidamos, e así virá, á conselleira de Medio Ambiente para este vindeiro sábado para que nos acompañe no izado da bandeira azul da praia das Catedrais e así poder coñecer de primeira man, por boca dela, as intencións e os compromisos reais da Xunta para lograr que isto siga a ser un motor económico e un motor do turismo para Ribadeo e para a comarca e que os visitantes sigan a levar unha boa imaxe do areal, dos accesos, do entorno, do tratamento…”.