O programa Preto de ti, do Concello de Ribadeo, celebrou unha xornada de encontro en Santa Cruz.

O programa Preto de ti, do Concello de Ribadeo, celebrou unha xornada de encontro en Santa Cruz.

A área de Santa Cruz acolleu unha xornada e encontro para compartir entre todos os participantes no programa Preto de Ti da Concellería de Benestar Social, que achega ás parroquias actividades co obxectivo de fomentar a convivencia entre veciñas e veciños. 

Alí tivo lugar unha entrega de diplomas. Ao acto asistiu o alcalde, Dani Vega. 

Desde o Concello agradecen a participación no programa Preto de ti e tamén o traballo dos técnicos municipais, que fan posible esta iniciativa.

Ir o contido