O programa Muller e Benestar: Tempo para Ti celebrou unha nova xornada de coidado e benestar coa asistencia onte, domingo, de 50 participantes a Termaria-Casa da Auga, na Coruña.

O programa Muller e Benestar Tempo para Ti Termaria-Casa da Auga, na Coruña.

O programa Muller e Benestar: Tempo para Ti celebrou unha nova xornada de coidado e benestar coa asistencia onte, domingo, de 50 participantes a Termaria-Casa da Auga, na Coruña. A proposta combinou tempo para o coidado persoal e espazos de desconexión e convivencia.

Durante a xornada as asistentes puideron desfrutar das instalacións da área de talasoterapia. A proposta buscou ofrecer unha experiencia completa de benestar físico e emocional, dentro dun entorno relaxante, seguro e adaptado a todas as idades.

O programa Tempo para Ti, que o Concello leva desenvolvendo desde hai varios anos, aposta por ofrecer espazos pensados exclusivamente para as mulleres, nos que o autocoidado, o tempo propio e a saúde integral sexan o centro. A saída tivo unha excelente acollida e foi tamén unha oportunidade para compartir, reforzar vínculos e saír da rutina diaria.

Desde a Área de Igualdade do Concello de Ribadeo agradecen “a participación activa e o interese mostrado e destacan a importancia de seguir promovendo este tipo de iniciativas, que fomentan o benestar individual e colectivo desde unha perspectiva integradora e accesible”.

Ir o contido