O Concello anima a participar na I Andaina Ribadeo en Marcha contra o Cancro, que se celebrará o 17 de maio con saída desde o Parque de San Francisco ás 11:00 horas.

O Concello anima a participar na I Andaina Ribadeo en Marcha contra o Cancro, que se celebrará o 17 de maio con saída desde o Parque de San Francisco ás 11:00 horas.
O evento está organizado pola Asociación Española de Loita contra o Cancro, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e de Eroski Center e co patrocinio de Solán de Cabras e Acisa.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, manifestou: “esperamos que sean muchas las personas que se unan a esta andaina del 17 de maio. Estamos ante un acto solidario por una gran causa. Todo lo que se recaude con la inscripción irá destinado a seguir mejorando la vida de las personas con cáncer y la de sus familias”.
A edil ribadense dixo que “empezar por cambiar nuestros hábitos nos ayudará a mejorar nuestra salud”. E destacou “el gran trabajo que la AECC de Ribadeo lleva realizando desde hace muchos años en nuestro municipio”.
As inscricións para participar na I Andaina Ribadeo en Marcha contra o Cancro xa se poden facer online e de xeito presencial serán do 12 ao 16 de maio de 12 a 14 horas no local da AECC na rúa Viejo Pancho, nº4.
A Andaina foi presentada esta mañá na Sala de Exposicións do Parque de San Francisco.