O XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos desenvólvese ata o 30 de agosto nas instalación de Apaga en Vilar.

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, participou esta mañá na inauguración do XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga.
O rexedor destacou a colaboración loxística e económica do Concello e agradeceu a colaboración da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia: “si todo se conjuga, es como un verbo, si se conjuga, sale bien. Con la ayuda de la Xunta, con la ayuda de la Diputación, Apaga, se beneficia. Y el Concello es clave y fundamental también para que eso salga bien”.
O rexedor animou aos asistentes a gozar da súa estadía en Ribadeo e a que se convertan en embaixadores deste concello “falando ben de Ribadeo nos vosos lugares de procedencia” e dando a coñecer as potencialidades turísticas do municipio.
O XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos desenvólvese ata o 30 de agosto nas instalación de Apaga en Vilar. Ao evento asisten medio cento de persoas chegadas desde diferentes puntos da xeografía española.