Concello de Ribadeo

Ribadeo segue a mellorar as súas infraestruturas. Remataron os traballos realizados na zona de Recarei e nas rúas do Cemiterio e Irmáns Moreno Ulloa.

O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos mellorando as nosas rúas e tamén todo o seu equipamento. Na rúa do Cemiterio, toda a zona de Recarei, tamén Irmáns Moreno Ulloa, activamos unha serie de…

Ribadeo segue a mellorar as súas infraestruturas.

Concentración astur galaica de Mercedes W123 este domingo en Ribadeo.

Os participantes foron recibidos polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Turismo, Marta Saiz.

Concentración astur galaica de Mercedes W123 este domingo en Ribadeo.

O grupo de danza da EMMeD de Ribadeo actuará en Lugo, mañá 26 de abril.

Durante a xornada matutina recibirán clases de distintos profesionais tanto do ámbito clásico como do moderno.

XI Encontro de Centros de Danza Lugo

Volta o Domingueo en Ribadeo, que se desenvolverá do 27 de abril ao 6 de xullo con actuacións musicais durante seis mediodías dominicais.

Este vindeiro domingo, día 27, na rúa San Roque terá lugar a actuación de Manopuesta a partires das 13:00 horas.

Ribadeo acollerá o 26 de abril unha xornada de portas abertas de Kung Fu.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, indicou que “a xornada de portas abertas de Kung Fu terá lugar de 10:30 a 13:00 horas."

Cartel Kung Fu Ribadeo (26 abril 2025)

Ribadeo realiza tarefas de mantemento e limpeza na zona de xogos infantís do parque de San Francisco.

As tarefas continuarán ao longo dos vindeiros días e meses noutras zonas de xogo de Ribadeo para que todas estean listas para os nosos nenos e nenas.