No Salón dos Alcaldes deu comezo o V Ribadeo Ilustrado.

Coas intervencións da concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, do director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, e do alcalde, Dani Vega, deu comezo a quinta edición do Ribadeo Ilustrado que se prolongará ata o vindeiro domingo.
Os tres destacaron a figura de Antonio Raimundo Ibáñez, un dos nomes máis destacados do século XVIII na comarca da Mariña e símbolo do espírito ilustrado. A cita rende homenaxe neste 2025 á súa pegada en Ribadeo e na contorna con visitas guiadas, paseos escénicos, música tradicional e intervencións teatrais en espazos históricos.
A xornada do venres pechouse cun concerto de marimba de Noé Rodrigo, denominado Camiño á Ilustración.
SÁBADO 14 DE XUÑO
Antonio Raimundo Ibáñez e a súa pegada na contorna
09:30h Saída en autobús desde Ribadeo a Santa Eulalia de Oscos. Visita guiada á Casa Natal de Raimundo Ibáñez
13:00h Visita guiada ao centro histórico de Ribadeo
16:00h Saída en autobús cara a Cervo. Visita guiada ao Museo Histórico de Sargadelos
DOMINGO 15 DE XUÑO
Paseo teatral e musical: Ribadeo Ilustrado
Saída: Casa do Concello – Pazo de Ibáñez → Forte de San Damián
11:30h Paseo escénico con paradas históricas, conducido por artistas e agrupacións locais:
11:15h Capela de San Roque: introdución con Carlos Guerra, guía intérprete
11:30h Parada 1: Casa do Concello – Pazo de Ibáñez
11:45h Parada 2: Porta da Vila
11:50h Parada 3: Praza de Abaixo / Concello Vello
12:00h Parada 4: Pazo de Miranda – Grupo de Teatro de Ribadeo
12:10h Parada 5: Fonte dos Catro Canos
12:20h Parada 6: Casa do Patín – Grupo de Teatro de Ribadeo
12:30h Parada 7: Casa de Abaixo – Bengoetxea – Grupo de Teatro
12:40h Parada 8: Restaurante Mariñeiro – Ericas e Peluxias
13:10h Parada 9: Pazo de Guimarán – Asociación Música Tradicional Amigos da Gaita
13:20h Parada 10: Miradoiro de San Miguel – Mano Panforreteiro
13:30h Parada 11: Cargadoiro – Reloxo – EMMD de Ribadeo
13:45h Parada 12: Forte de San Damián – Isabel Díaz-Robles, guía oficial
18:00h VISITA TEATRALIZADA ao Forte de San Damián, protagonizada por Dorinda a augadora e os soldados que gardaban esta histórica fortaleza.