Exposición Pintando coas amizades esta fin de semana na Oficina de Turismo.

Onte inaugurouse a exposición “Pintando coas amizades”, unha mostra creada polos nenos e nenas do proxecto Éxito Escolar de Cruz Roja Española – Lugo, que expresaron emocións e creatividade a través da pintura e o debuxo, coa colaboración do seu equipo voluntario e de Maica, profesora de arte e restauración en O Bosque Animado.

Desde o Concello agradecemos o labor da Cruz Vermella e convidámosvos a visitar esta exposición tan especial, que estará dispoñible esta fin de semana na Oficina de Turismo.

Ir o contido