Entrega de premios en Lugo da fase provincial do Certame Infantil de Narración e Debuxo “Letras Galegas 2025”.

Entrega de premios en Lugo da fase provincial do Certame Infantil de Narración e Debuxo

Os traballos de narración e debuxo seleccionados polo xurado na fase local do Certame Infantil de Narración e Debuxo “Letras Galegas 2025” convocado pola Biblioteca Municipal “El Viejo Pancho” obtiveron moi bos resultados na fase provincial.

Onte, 5 nenas e nenos de Ribadeo desprazáronse a Lugo, á Biblioteca Provincial, a recoller os seus premios.

Héctor Gómez González e Jesús Manuel Villapol Rañón resultaron galardoados co 1º e 2º premio respectivamente, na modalidade de narración categoría A.

Icíar Barcia Iglesias obtivo o 2º premio, tamén en narración, na categoría C.

Na modalidade de debuxo, os dous primeiros trofeos da categoría C tamén se viñeron para Ribadeo pois foron para Flavia M.ª Mena Lopes e para Carla García López.

Parabéns aos premiados,e moitas grazas á Biblioteca Pública de Lugo pola espléndida acollida que lles ofreceu.

Ir o contido