Do 7 ao 14 de maio está aberto o prazo de inscrición nas actividades de verán organizadas pola Concellería de Deportes e Mocidade. Será na Casa da Xuventude en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas (martes e xoves) ou a través da sede electrónica do Concello.

Do 7 ao 14 de maio está aberto o prazo de inscrición nas actividades de verán organizadas pola Concellería de Deportes e Mocidade de Ribadeo 1

Do 7 ao 14 de maio está aberto o prazo de inscrición nas actividades de verán organizadas pola Concellería de Deportes e Mocidade. Será na Casa da Xuventude en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas (martes e xoves) ou a través da sede electrónica do Concello. 

O concelleiro de Deportes e Mocidade, Francisco José Silvent, explica que “as actividades que ofertamos son un campamento dixital gratuíto coa Fundación Cibervoluntarios, que se desenvolverá do 23 ao 27 de xuño para nenas e nenos de 9 a 13 anos; teremos tamén colonias urbanas do 30 de xuño ao 1 de agosto para nenas e nenos de 4 a 12 anos. Serán 100 prazas por semana e o importe semanal ascenderá a 40 euros. Esta actividade pretende facilitar a conciliación familiar e laboral durante o verán, de aí que contará cun horario especial de oito da mañá a tres da tarde”.

O edil ribadense seguiu a relatar que “haberá campamentos no albergue Casa do Queixo Grixalba, en Sobrado dos Monxes, no mes de xullo do 1 ao 7 para as mozas e mozos nados nos anos 2011, 2012 e 2013 e do 21 ao 28 de xullo para a mocidade nada nos anos 2010, 2009, 2008 e 2007. O custe desta actividade é de 100 euros. Durante o verán programamos noites activas nas pistas multideporte e no pavillón municipal tanto en xullo como en agosto. Haberá fútbol sala (14, 15 e 17 de xullo), humor amarelo (21, 22 e 24 de xullo), baloncesto (4, 5 e 7 de agosto) e Lasertag (11, 12 e 14 de agosto). E por último teremos festa acuática na praia dos Bloques. O 10 de xullo contaremos con inchables acuáticos e os días 18, 19, 20 e 21 de agosto haberá deslizadores acuáticos. As actividades nas pistas multideporte, no pavillón municipal e na praia dos Bloques serán gratuítas”. 

Unha vez que remate o prazo de inscrición o Concello publicará o 16 de maio a lista de admitidos. E o día 21 será o sorteo. O prazo de formalización e pagamento das taxas comezará o 27 de maio e rematará o 3 de xuño. E o prazo de inscrición nas prazas vacantes será do 9 ao 16 de xuño (os días 9, 10 e 11 para as persoas que non obtiveran praza no sorteo; e os días 12, 13 e 16 para aquelas que precisen dalgunha semana máis”.