Do 13 ao 15 de xuño terá lugar a quinta edición do Ribadeo Ilustrado, que organiza a Concellería de Cultura.

Do 13 ao 15 de xuño terá lugar a quinta edición do Ribadeo Ilustrado, que organiza a Concellería de Cultura.

Do 13 ao 15 de xuño terá lugar a quinta edición do Ribadeo Ilustrado, que organiza a Concellería de Cultura. Trátase dun evento que combina música, teatro, historia e visitas patrimoniais, cunha programación que ten como fío condutor a figura de Antonio Raimundo Ibáñez, o marqués de Sargadelos.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, indicou que “a cita cultural aposta, unha vez máis, pola divulgación do noso pasado ilustrado e a dinamización do presente local, poñendo en valor os espazos patrimoniais da vila e da contorna. O evento forma parte do proxecto global do Concello para consolidar Ribadeo como un referente cultural e turístico da Mariña Lucense, con actividades que convidan á participación activa e á recuperación da memoria colectiva”.

Antonio Raimundo Ibáñez: industria, ilustración e legado

Antonio Raimundo Ibáñez, natural de Santa Eulalia de Oscos, foi un dos nomes máis destacados do século XVIII na comarca da Mariña. Empresario visionario, impulsou o porto de Ribadeo, converténdoo nun dos enclaves comerciais máis importantes do Cantábrico, con conexións transoceánicas. Máis adiante, fundou a célebre fábrica de fundición e louza de Sargadelos, no concello de Cervo, proxecto industrial pioneiro en Galicia e símbolo do espírito ilustrado.

Sanjurjo subliñou que “este ano, o Ribadeo Ilustrado rende homenaxe á súa pegada en Ribadeo e na contorna con visitas guiadas, paseos escénicos, música tradicional e intervencións teatrais en espazos históricos”.

A edil ribadense dixo que “o Ribadeo Ilustrado é unha aposta pola nosa historia e a identidade. Nesta edición puxemos o foco en Antonio Raimundo Ibáñez, unha vez máis, pero coa prolongación da súa figura, decisiva para a transformación económica da comarca e símbolo do espírito ilustrado que queremos reivindicar”.

E engadiu que “todas as actividades son de balde e pensadas para todos os públicos, cun enfoque inclusivo e divulgativo.  Recordamos que a visita do sábado 14 de xuño, que se desenvolverá ao longo de toda a xornada, está centrada na exploración da pegada de Antonio Raimundo Ibáñez na contorna. O desprazamento realizarase en autobús desde Ribadeo ata diferentes puntos de interese: Santa Eulalia de Oscos e Cervo. Debido ao número limitado de prazas, é necesario inscribirse previamente a través da páxina web de turismo de Ribadeo (turismo.ribadeo.org) na sección Momentos, ou ben chamando directamente á Oficina de Turismo de Ribadeo no  982 128 689”.

Programa completo

VENRES 13 DE XUÑO

Casa do Concello – Pazo de Ibáñez

20:15h  Presentación da V edición do Ribadeo Ilustrado

20:30h “Camiño á Ilustración”, Noè Rodrigo, marimba

SÁBADO 14 DE XUÑO

Antonio Raimundo Ibáñez e a súa pegada na contorna

09:30h Saída en autobús desde Ribadeo a Santa Eulalia de Oscos. Visita guiada á Casa Natal de Raimundo Ibáñez

13:00h  Visita guiada ao centro histórico de Ribadeo

16:00h  Saída en autobús cara a Cervo. Visita guiada ao Museo Histórico de Sargadelos

DOMINGO 15 DE XUÑO

Paseo teatral e musical: Ribadeo Ilustrado

Saída: Casa do Concello – Pazo de Ibáñez → Forte de San Damián

11:30h Paseo escénico con paradas históricas, conducido por artistas e agrupacións locais:

11:15h Capela de San Roque: introdución con Carlos Guerra, guía intérprete

11:30h Parada 1: Casa do Concello – Pazo de Ibáñez

11:45h Parada 2: Porta da Vila

11:50h Parada 3: Praza de Abaixo / Concello Vello

12:00h  Parada 4: Pazo de Miranda – Grupo de Teatro de Ribadeo

12:10h Parada 5: Fonte dos Catro Canos

12:20h  Parada 6: Casa do Patín – Grupo de Teatro de Ribadeo

12:30h Parada 7: Casa de Abaixo – Bengoetxea – Grupo de Teatro

12:40h Parada 8: Restaurante Mariñeiro – Ericas e Peluxias

13:10h Parada 9: Pazo de Guimarán – Asociación Música Tradicional Amigos da Gaita

13:20h  Parada 10: Miradoiro de San Miguel – Mano Panforreteiro

13:30h  Parada 11: Cargadoiro – Reloxo – EMMD de Ribadeo

13:45h  Parada 12: Forte de San Damián – Isabel Díaz-Robles, guía oficial

18:00h VISITA TEATRALIZADA ao Forte de San Damián, protagonizada por Dorinda a augadora e os soldados que gardaban esta histórica fortaleza.

Ir o contido