Comeza o prazo de inscrición para obter o certificado de competencias dixitais (COMDIX)

070525 COMDIX

Comeza o prazo de inscrición para obter o certificado de competencias dixitais (COMDIX)

• Inicio do prazo de inscricións:  07 de maio, ás 00:01 horas

• Remate do prazo de inscricións:  13 de maio, ás 23:59 horas

• Datas exame: 18 Xuño (Nivel Iniciación) e 19 de Xuño (Nivel Intermedio). Horario: 10:00 – 12:00

• Onde inscribirse: na web do CeMIT (https://cemit.xunta.gal)

• Soamente unha inscrición por persoa participante para cada convocatoria. (Pódese facer unha solicitude para iniciación e outra para intermedio)

• Unha vez rematado o prazo: Na 3ª/4ª semana de maio, sorteo, publicación na web da listaxe provisional e comunicación por correo electrónico aos participantes dos resultados

• Unha vez publicada a listaxe provisional: prazo de 10 días para renuncias e chamamento de reservas para cubrir as prazas das persoas que comuniquen a non asistencia; senón renuncian, son admitidos definitivamente sen posibilidade de renunciar despois sen ser penalizados (excepto xustificación documental)