Concello de Ribadeo
Histórico de novas
16 Xuño, 2024
Hoxe foi presentado o programa do IX Ribadeo Indiano.
Ducias de actividades se desenvolverán do 12 ao 14 de xullo en Ribadeo e tamén na Devesa.
14 Xuño, 2024
Quinta aniversario da apertura da nova Residencia de Maiores de Ribadeo
Residentes e familiares compartiron unha mañá especial na que non faltaron unha decoración e unha tarta, entre outras cousas, para conmemorar este día.
14 Xuño, 2024
Ribadeo acolleu a primeira xuntanza da Comisión de Políticas Integrais de Discapacidade da FEMP fora de Madrid.
O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu esta mañá unha xuntanza da Comisión de Políticas Integrais de Discapacidade da Federación Española de Municipios e Provincias.
14 Xuño, 2024
O 16 de xuño continúa o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa.
O 16 de xuño continúa o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Dry Martini actuará na Praza de Abaixo
14 Xuño, 2024
Ribadeo recibiu o premio ao pobo máis bonito de Galicia, que lle outorgou o programa Gente Viajera de Onda Cero.
Ribadeo recibiu en Pontevedra o premio ao pobo máis bonito de Galicia, que lle outorgou o programa Gente Viajera de Onda Cero.
13 Xuño, 2024
O alcalde, Dani Vega, recolleu hoxe as bandeiras azuis que lucirán este verán as praias de As Catedrais, Castros e Illas.
O acto tivo lugar no areal de Doniños, en Ferrol.
13 Xuño, 2024
Do 14 de xuño ao 17 de agosto poderase visitar no Forte de San Damián a exposición do escultor Eduardo Rodríguez Osorio.
A mostra, que será inaugurada mañá ás sete da tarde, foi presentada no salón de plenos do Concello.
13 Xuño, 2024
Este sábado, día 15, arrincan as antevésperas do Ribadeo Indiano 2024 cun paseo guiado teatralizado a cargo de Suso Martínez. Estas visitas seguirán ao longo do verán.
Este sábado, día 15, arrincan as antevésperas do Ribadeo Indiano 2024 cun paseo guiado teatralizado a cargo de Suso Martínez. Estas visitas seguirán ao longo do verán.