<p>O vento que durante esta mañá se deixou sentir en Ribadeo ocasionou a caída dun árbore nunha estrada na Devesa, nas proximidades do campamento xuvenil. Ata ese lugar se desprazaron varios operarios da Concellaría de Medio Ambiente para proceder á súa retirada. Alí estivo tamén o concelleiro Jorge Díaz Freije. A vía, tras máis dunha hora de traballo, xa quedou libre. </p>

Ir o contido