A Xunta puxo en valor en Ribadeo o potencial da intervención Leader para favorecer a creación de emprego no rural. A conselleira María José Gómez visitou hoxe as reformadas instalacións do hotel O Cabazo.

A Xunta puxo en valor en Ribadeo o potencial da intervención Leader para favorecer a creación de emprego no rural. A conselleira María José Gómez visitou hoxe as reformadas instalacións do hotel O Cabazo.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, polo presidente do GDR Terras de Miranda, Vidal Martínez, polo alcalde, Dani Vega, e polas concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo, visitou o Hotel O Cabazo, que mellorou as súas instalacións grazas a unha achega do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda no marco da intervención Leader.
A conselleira explicou que a reforma das instalacións contou cun investimento de algo máis de 128.000 euros para derrubar a primeira fase do hotel e así poder construír 12 habitacións novas, que reúnen as características necesarias para aumentar a súa categoría e contar con catro estrelas. Este orzamento tamén permitiu acondicionar a planta baixa na que se atopan a recepción, a cafetería e a área de estar.
O rexedor destacou que “este investimento contribuirá á dinamización económica de Ribadeo, á creación de emprego e ao fortalecemento do turismo de calidade no rural”. E lembrou a potencialidade nesta materia de Ribadeo “un dos municipios con máis prazas hoteleiras da provincia de Lugo e das mellor preparadas para atender a toda a demanda que recibimos e que vai en aumento ano tras ano”.