Concello de Ribadeo


Compartir:

Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade


A nacionalista Mari Luz Álvarez Lastra é a máxima responsable da Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade. Coñece aquí as competencias e os obxectivos que ten marcada esta Concellaría en cada unha das súas áreas.

Área de Igualdade

A través da Concellaría de Igualdade lévanse a cabo políticas dirixidas especificamente ás mulleres pero tamén á sociedade en xeral. O obxectivo destas medidas é favorecer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a erradicación da violencia de xénero, a conciliación da vida familiar e laboral e o fomento daqueles proxectos que, impulsados por colectivos de mulleres, contribúan ao logro destes fins.


Trabállase, así, arredor de catro liñas básicas:

Área de Mocidade

Que queremos?
O noso quere ser un traballo:
• Relacional, aberto e negociado, desde o que apostarmos por fortalecer as ideas e os valores que constrúen maior consciencia crítica, maior cohesión social e máis calidade democrática.
• Que outorgue importancia ao que, mais tamén ao como.
• Que fomente a interacción coa realidade diversa e plural para propiciar o asentamento de boas prácticas democráticas na xestión do ámbito público, do que é de todos e todas.
• Que convide ao debate, á participación, á corresponsabilidade nos proxectos, ao acompañamento e avaliación do traballo.
• Que sexa activo, mais tamén variado, flexíbel e capaz de se adaptar á natureza, vontade e necesidades dos axentes cos que traballemos: seremos punto de encontro, motor de iniciativas, espazo físico ou virtual, nódulo de dinámicas, caixa de recursos, opción de financiamento,...
Servizos que ofrecemos
• Facilitamos información sobre a oferta de programas de lecer, tempo libre e formación que desenvolven para a mocidade as diferentes administracións.
• Prestamos apoio aos estudantes universitarios de Ribadeo.
• Ofrecemos apoio na busca de vivenda, na formación continua e na inserción laboral da mocidade de Ribadeo.
• Apoiamos a creación artística da mocidade ribadense.
• Favorecemos o coñecemento, a posta en valor e a difusión da historia, a memoria e o patrimonio de Ribadeo entre a mocidade.
• Apostamos pola sensibilización dos mozos e mozas na igualdade de xénero, na sostinibilidade medioambiental e na diversidade cultural e lingüística.
• Dámos información á mocidade en ámbitos como a sexualidade, as drogodependencias, a violencia de xénero,...
• Xeramos, xunto con outros colectivos, alternativas de lecer e de ocio para a xente nova.
• Potenciamos a práctica deportiva xuvenil en Ribadeo.
• Orientamos a vontade de cooperación solidaria da xente moza cara as necesidades concretas que existen no noso Concello.
• Creamos novas fórmulas de mediación para detectar os desexos, as necesidades e os problemas da mocidade de Ribadeo.
• Impulsamos canles de interlocución e participación da mocidade en relación aos servizos e políticas do Concello.

A onde dirixirse

Área de Educación
Casa do Concello
Praza de España, 1
27700 Ribadeo
Teléfono:
982 120 701
Área de Igualdade
Bos Aires, 14. 1º andar
27700 Ribadeo
Teléfono: 982 120 739
Correo electrónico: cima r r o b aribadeo.org
Mari Luz Álvarez Lastra

Mari Luz Álvarez Lastra

Contacta co Conselleiro



© 2008 Concello de Ribadeo