O traballo con familias e coas crianzas é vital para todos/as os/as profesionais que se dedican a temas sociais. Do mesmo xeito que a infancia e o periodo no que ten lugar dun xeito máis intenso o proceso de socialización dunha persoa, a familia é o núcleo no que se inicia este proceso e onde se xeran os mecanismos para a resolución dos propios problemas.
Vixiar e colaborar no benestar das familias pode axudar a evitar e previr situacións de risco que poderían conducir ao deterioro desta e, polo tanto, das persoas que a forman. A través dos/as profesionais de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo, as persoas interesadas poderán obter información e asesoramento sobre os seguintes recursos e prestacións, todas elas dirixidas a núcleos familiares e a nenos/as:
Axudas periódicas de prevención e apoio as familias para a integración do menor
Título de familia numerosa
IRPF: abono mensual anticipado da dedución por maternidade para traballadoras con fillos menores de 3 anos
Pago de 2.500 euros por nacemento ou adopción de fillos
Prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo
Cheque infantil: axudas para a atención da primeira infancia en centros non sostidos con fondos públicos
Prestacións familiares por fillo a cargo da Seguridade Social
Incentivos á contratación dirixidos a favorece-la conciliación da vida laboral e familiar
Axudas á conciliación da vida familiar e laboral
Becas do Ministerio de Educación (web do MEC)
Axudas para alumnos con necesidades educativas especiais
Deducións familiares IRPF
Así mesmo, poderán informarse sobre os seguintes programas: