Os Servizos Sociais do Concello de Ribadeo colaboran con todas aquelas persoas que se atopan en situación de discapacidade para facilitarlles a tramitación e obtención das prestacións económicas ás que teñen dereito.
Entra en cada un destes recursos para obter información sobre o seu concepto, requisitos, beneficiarios/as, contías...
A través dos/as profesionais de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo, os/as interesados/as poderán obter tamén información sobre os seguintes programas:
Recoñecemento do grao de discapacidade
Programa de acollemento familiar de persoas con discapacidade
Programa de apoio social para persoas con demencias