Concello de Ribadeo


Compartir:

Mocidade


A Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada no Auditorio Municipal Hernán Naval, funciona como un organismo informativo de carácter municipal que depende da Concellaría de Xuventude, Deportes e Economía e Facenda e que está integrada na Rede Galega de Información Xuvenil. O seu obxectivo é facer da información unha ferramenta útil para o desenvolvemento da mocidade.

Entre as súas funcións principais están:
  • Proporcionarlle á comunidade información en materia de programas que leven a cabo a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e outros organismos, tanto a nivel estatal como europeo, dedicados á xuventude
  • Organización de actividades educativas, de lecer e tempo libre, deportivas, culturais, cursos especializados, animación sociocultural....
  • Outorgar axudas e subvencións a nivel individual ou ben a asociacións e/ou colectivos
  • Organizar accións de voluntariado
  • Asesorar e informar á xuventude en materia de emprego, vivenda, programas e recursos da Unión Europea...
  • Expedir o carné xove e outros carnés para mozos/as

A programación

A OMIX de Ribadeo entende que gozar do tempo libre debe ser unha faceta fundamental para mellorar a calidade de vida de nenos/as e mozos/as, polo que oferta durante todo o ano actividades de animación infantil e xuvenil que se reforzan nos períodos de vacacións. Todas as actividades que se programan están adaptadas ás diferentes idades dos participantes e recollen as propostas e iniciativas destes.

Algunhas das actividades que organiza a OMIX ao longo do ano son:

  • Escolas Deportivas
    As actividades das escolas deportivas están dirixidas a nenos/as de 5 a 14 anos e con elas preténdese promover o deporte entre a poboación en idade escolar. As disciplinas deportivas que se ofertan son as seguintes: fútbol, fútbol sala, ximnasia rítmica, baile moderno, patinaxe, natación, baloncesto, yudo e tenis. Todas elas impártense cunha duración mínima de 2 horas á semana.

    Os obxectivos deste programa son, entre outros, favorecer a adquisición de habilidades e destrezas específicas de cada un destes deportes; promover estilos de vida saudables evitando o sedentarismo; fomentar a práctica de actividade física entre a poboación escolar; desenvolver actitudes positivas de cara á práctica de actividades físico-deportivas; potenciar os valores que o deporte pode transmitir: cooperación, respecto, saber perder...
  • Ximnasia de mantemento nas parroquias
    Esta actividade está dirixida á xente das parroquias do concello e a súa finalidade é promover a actividade deportiva entre os/as maiores. As parroquias que participan son Cedofeita, Cinxe, Couxela, A Devesa, Ove, Remourelle, Vilaframil, Vilaselán, Vilaosende e Vilela.
  • Proxecto Radares
    Este programa púxose en marcha co obxectivo de crear unha rede de espazos de información e mediación para mozos/as atendidos por persoas da súa mesma idade. O obxectivo fundamental deste proxecto é o de coñecer máis a fondo as inquedanzas da xuventude do concello para recompilar datos sobre os intereses e afeccións que moven aos/ás adolescentes coa finalidade de estructurar e programar actividades e recursos encamiñados a dar resposta ás inquedanzas da nosa xuventude. Podes descargar aquí máis información sobre este proxecto.
  • Campaña educativa: 'Un futuro por compartir en igualdade' (CIM-OMIX)
  • Actividades no Nadal
  • Actividades nas vacacións de Semana Santa
  • Actividades nas vacacións do verán
  • A Función dos Pícaros
mocidade


© 2008 Concello de Ribadeo