Queremos facer de Ribadeo unha vila igualitaria, unha vila onde as mulleres non teñan dificultades para conciliar o traballo coas responsabilidades familiares, onde a discriminación laboral en canto a salarios, categorías, e contratos sexa cada vez menor, unha vila onde as mulleres accedan aos postos nos que se toman decisións, na asociación de veciños/as, culturais, na vida política, nos postos directivos dos Bancos, das empresas, dos medios de comunicación, dos centros educativos… Queremos unha vila onde as diferenzas e a diversidade nos enriquezan e non nos dividan. Un Ribadeo onde os conflictos se resolvan mediante o diálogo e a negociación.
Queremos un Ribadeo onde a repulsa hacia a violencia de xénero sexa un sentir xeral, onde todas e todos loitemos activamente pola súa erradicación. Unha vila onde os homes tamén contan porque son parte importante deste proceso de transformación cara esa sociedade igualitaria onde eles disfruten e compartan o coidado das crianzas, dos maiores, onde se fagan cargo das tarefas do fogar…
Aspiramos a facer posible estas cousas e moitas máis, e por iso desde a área de Igualdade estamos a desenvolver políticas con perspectiva de xénero encamiñadas a conquerir un Ribadeo de mozas e mozos, mulleres e homes que vivan en igualdade, porque nos queda todo un futuro que compartir en igualdade.
Queremos unha vila onde a información chegue a todas e todos nós, para ter información e para poder participar e opinar en todo aquelo que decidamos.Por iso, creamos o Blogue Ribadeomuller que ten información actualizada das actividades que se desenvolven desde a área de igualdade e dá a coñecer as novas que xurdan noutros ámbitos e institucións. Podedes acceder desde:
http://ribadeomuller.wordpress.com/