O Concello de Ribadeo aposta firmemente pola formación e capacitación da súa cidadanía en materia de difusión das
TIC como condición necesaria para o desenvolvemento socioeconómico e cultural das súas xentes. Democratizar o coñecemento e o uso destas ferramentas, garantindo o acceso para toda a poboación, son os retos para superar a fenda dixital e aumentar a calidade de vida de todos/as os/as ribadenses.
A antiga Rede de Telecentros de Ribadeo, agora chamada rede ceMIT, comezou a súa andaina no ano 2006 grazas á axuda do programa Leader. Con todo, a súa consolidación definitiva produciuse en 2007 trala integración de todos estes centros na Rede de Dinamización da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, unha iniciativa posta en marcha mellorar as oportunidades de acceso e coñecemento de todos/as os/as ribadenses ás novas tecnoloxías da comunicación.
Esta Rede está conformada por unha serie de espazos públicos de acceso gratuíto espallados por todo o concello e orientados ao desenvolvemento de procesos integrais de alfabetización dixital e de acceso ás novas tecnoloxías. Todos eles están dotados de equipamento informático, con acceso a internet, ordenadores, proxector e impresora.
Estes espazos non só se conciben como puntos de capacitación tecnolóxica e informática, senón como espazos multiuso que teñen como finalidade o desenvolvemento socioeconómico e cultural de toda a cidadanía e como obxectivos concretos:
- Fomentar a implantación da Sociedade da Información no territorio e achegar e capacitar aos diferentes colectivos no uso e obtención de información a través das TIC cara un desenvolvemento individual e socioeconómico da comunidade, tendo en conta as necesidades específicas de cada colectivo e os recursos e potencialidades presentes no territorio.
- Dinamizar e fomentar do tecido asociativo
- Fomentar o emprego e impulsar as novas actividades económicas
- Promover o desenvolvemento da cultura local
O centro neurálxico de funcionamento da Rede está situado no número 15 da Rúa Antonio Otero (Ribadeo). Podes acceder libremente ao uso do seu equipamento dentro do seguinte horario:
- De luns a venres de 9:00 a 14:00
Formación e cursos
Dende a ligazón da web da aula ceMIT e das nosas redes sociais oficiais, poderás ver os cursos que van ser impartidos por profesorado especializado. Tamén poderás concertar unha visita co responsable informático da aula e do Concello, mediante cita previa, para unha atención individualizada.
Onde están os centros?
Aula ceMIT Ribadeo
https://aulacemit.ribadeo.org
Antonio Otero, 15
27700 Ribadeo
Teléfono: 982 120 732
Correo electrónico: cemit.ribadeo

xunta.gal
Telecentro Vilausende
Torre s/n
27712 Vilausende
Telecentro Cinxe
Escola de Cinxe (Local social)
27795 Cinxe
Telecentro Rinlo
Escola Vella de Rinlo
Rodríguez Murias, s/n
27715 Rinlo
Telecentro do Valado
San Lourenzo, s/n
27797 Vilaframil
Telecentro Ove
Igrexa de Ove, s/n
27713 Ove
Telecentro de Piñeira
Escola Pública de Piñeira
Barrio O Río s/n
27710 Piñeira
Telecentro de Vilaselán
Escola de Vilaselán
Barrio O Circo, s/n
27710 Vilaselan
Telecentro de Remourelle
Escola de Remourelle, s/n
27714 Remourelle
Telecentro de Covelas
Escola de Covelas s/n
27714 Covelas
Telecentro de Cedofeita
Escola de Cedofeita
Currada, s/n
27711 Cedofeita
Telecentro de Arante
Teleclube de Arante
27714 Arante
Telecentro de Piñeiro
Escola de Piñeiro
27711 Cedofeita
Telecentro das Anzas
Local social das Anzas
27714 Covelas