Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas tecnoloxías


O Concello de Ribadeo aposta firmemente pola formación e capacitación da súa cidadanía en materia de difusión das TIC como condición necesaria para o desenvolvemento socioeconómico e cultural das súas xentes. Democratizar o coñecemento e o uso destas ferramentas, garantindo o acceso para toda a poboación, son os retos para superar a fenda dixital e aumentar a calidade de vida de todos/as os/as ribadenses.

A antiga Rede de Telecentros de Ribadeo, agora chamada rede ceMIT, comezou a súa andaina no ano 2006 grazas á axuda do programa Leader. Con todo, a súa consolidación definitiva produciuse en 2007 trala integración de todos estes centros na Rede de Dinamización da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, unha iniciativa posta en marcha mellorar as oportunidades de acceso e coñecemento de todos/as os/as ribadenses ás novas tecnoloxías da comunicación.

Esta Rede está conformada por unha serie de espazos públicos de acceso gratuíto espallados por todo o concello e orientados ao desenvolvemento de procesos integrais de alfabetización dixital e de acceso ás novas tecnoloxías. Todos eles están dotados de equipamento informático, con acceso a internet, ordenadores, proxector e impresora.

Estes espazos non só se conciben como puntos de capacitación tecnolóxica e informática, senón como espazos multiuso que teñen como finalidade o desenvolvemento socioeconómico e cultural de toda a cidadanía e como obxectivos concretos:
  • Fomentar a implantación da Sociedade da Información no territorio e achegar e capacitar aos diferentes colectivos no uso e obtención de información a través das TIC cara un desenvolvemento individual e socioeconómico da comunidade, tendo en conta as necesidades específicas de cada colectivo e os recursos e potencialidades presentes no territorio.
  • Dinamizar e fomentar do tecido asociativo
  • Fomentar o emprego e impulsar as novas actividades económicas
  • Promover o desenvolvemento da cultura local

O centro neurálxico de funcionamento da Rede está situado no número 15 da Rúa Antonio Otero (Ribadeo). Podes acceder libremente ao uso do seu equipamento dentro do seguinte horario:

  • De luns a venres de 9:00 a 14:00

Formación e cursos
Dende a ligazón da web da aula ceMIT e das nosas redes sociais oficiais, poderás ver os cursos que van ser impartidos por profesorado especializado. Tamén poderás concertar unha visita co responsable informático da aula e do Concello, mediante cita previa, para unha atención individualizada.

Onde están os centros?

Aula ceMIT Ribadeo
https://aulacemit.ribadeo.org
Antonio Otero, 15
27700 Ribadeo
Teléfono: 982 120 732
Correo electrónico: cemit.ribadeoa r r o b axunta.gal

Telecentro Vilausende
Torre s/n
27712 Vilausende

Telecentro Cinxe
Escola de Cinxe (Local social)
27795 Cinxe

Telecentro Rinlo
Escola Vella de Rinlo
Rodríguez Murias, s/n
27715 Rinlo

Telecentro do Valado
San Lourenzo, s/n
27797 Vilaframil

Telecentro Ove
Igrexa de Ove, s/n
27713 Ove

Telecentro de Piñeira
Escola Pública de Piñeira
Barrio O Río s/n
27710 Piñeira

Telecentro de Vilaselán
Escola de Vilaselán
Barrio O Circo, s/n
27710 Vilaselan

Telecentro de Remourelle
Escola de Remourelle, s/n
27714 Remourelle

Telecentro de Covelas
Escola de Covelas s/n
27714 Covelas

Telecentro de Cedofeita
Escola de Cedofeita
Currada, s/n
27711 Cedofeita

Telecentro de Arante
Teleclube de Arante
27714 Arante

Telecentro de Piñeiro
Escola de Piñeiro
27711 Cedofeita

Telecentro das Anzas
Local social das Anzas
27714 Covelas
Aula CeMIT Ribadeo

Aula CeMIT Ribadeo

FAQ's


© 2008 Concello de Ribadeo