Concello de Ribadeo


Compartir:

Vilaselán


Situada no extremo nordeste do municipio, Vilaselán linda polo norte e polo leste co mar Cantábrico, con Piñeira e Ove polo oeste e con Ribadeo polo sur.

A súa superficie é de 2,12 km2 e presenta unha densidade de poboación relativamente alta (194,33 habitantes/km2) por mor da súa proximidade ao núcleo urbano da vila. Os seus 412 habitantes (INE 2007) agrúpanse en 14 entidades: As Barreiras (20 habitantes), O Campoxurado (30), As Casas de Abaixo (6), O Circo (31), A Cruz (47), A Eirexa (25), A Lodeira (20), O Outeiro (6), A Senra (16), O Cargadoiro (33), A Granxa (abandonado), A Torre (34), Os Galos (135) e O Espín (9).

Nun dos extremos desta parroquia atópase a Illa Pancha, situada na entrada da enseada de Vilaselán. Nas dúas últimas décadas algunhas das súas poboacións, como A Eirexa, A Senra, O Circo..., foron medrando ata rematar formando un continium coa vila de Ribadeo.

Algo de historia

No lugar de Louselas (a 15 metros de altitude e entre as coordinadas UMT aproximadas de 655638-4824310) atópase o xacemento de Louselas, de grande importancia tanto pola súa extensión como pola cantidade de restos atopados nel. Relacionado co paleolítico inferior (e adscrito máis concretamente ao achelense medio) o seu descubrimento débeselle ao prehistoriador José Manuel González Fernández-Vallés en 1971, así como a outros estudosos.

Equipamentos

Festas

Praias

Vilaselan
Patrimonio



© 2008 Concello de Ribadeo