A Devesa
Situada no extremo noroeste do concello, A Devesa limita polo norte co Mar Cantábrico; polo oeste, e co rego do Pernón como fronteira, co municipio de Barreiros; polo leste coas parroquias de Rinlo e Vilaframil e polo sur coas de Arante e Covelas.
A súa extensión, de 20,74 km2, convértea na parroquia con maior territorio do municipio. Presenta unha densidade de 29,45 habitantes/km2 e suma 603 (
INE 2007) habitantes nas entidades de Cinxe (88 habitantes), Liñeiro (abandonado), Meirengos (55), Noceda (45), A Pedreira (31), O Rato (125), A Rochela (74), Vilagoíz (63), Vilandriz (89), Barrio Novo (6) e O Barral (31).
Esta parroquia concentra o maior número de praias do municipio (As Catedrais, Esteiro, Os Castros...).
Algo de historia
A presenza de restos de castros no lugar de Meirengos, datados do neolítico superior segundo cita Francisco Lanza Álvarez en
Ribadeo antiguo, dá conta da existencia de asentamentos castrexos na Devesa.
Equipamentos
- Campamento xuvenil da Devesa
Albergue integrado na Rede Española de Albergues Xuvenís e na Federación Internacional de Albergues Xuvenís. Está aberto nos meses de xullo e agosto e xestionao a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
Dispón de 250 prazas (75 no albergue e 175 en tenda de campaña), cociña, cuartos de seis camas, sala de usos múltiples e instalacións deportivas.
- Pista polideportiva de Cinxe
- Teleclube de Cinxe
Local que forma parte da Rede de Telecentros de Ribadeo e que dispón de equipamento informático con conexión gratuíta a internet.
- Teleclube de Noceda
Festas
Praias