Couxela
Situada no sueste do municipio, Couxela limita polo norte coa parroquia de Santalla de Vilausende, polo oeste coa de Cedofeita e polo sur co municipio de Trabada, do que o separa o rego de Ferreira. O seu sector sueste está delimitado polo río Eo, que separa esta parroquia do municipio asturiano de Vegadeo.
Presenta unha superficie de 4,56 km2, unha densidade de 32,98 habitantes/km2 e unha poboación de 150 habitantes (
INE 2007) que a converte na parroquia co menor número de persoas do municipio. As súas entidades de poboación son 11: Os Casais (28 habitantes), A Casanova (10), As Cerdeiriñas (4), Cima de Vila (8), Fornelo (15), Irexe (26), Maizán (11), Moural (2), Sendín (20), A Venda (11), A Xunqueira (12). Formando parte destas entidades están tamén os lugares de Os Bispos e O Rego.
O chan desta parroquia presenta certa inclinación cara ao leste, alcanzando no linde oeste as súas maiores altitudes, que superan os 200 metros.
Equipamentos
- Área deportivo-recreativa
Área que conta con campo de fútbol, campo de bolos, pista de baloncesto e parque infantil.
- Teleclube de Couxela
Festas