Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Accións pola igualdade


Desde o departamento de Muller do Concello son moitas as accións que se teñen levado a cabo co obxecto de sensibilizar e dinamizar a mulleres e homes ribadenses a prol da igualdade: conmemoración de datas especiais (Día Internacional da Muller e Día Internacional para a eliminación da violencia de contra as mulleres), xornadas formativas (\'Abordaxe integral da violencia de xénero desde o ámbito local\' -jpg, 648 kb- ...), charlas (\'A vacina do cancro de útero\' -jpg, 148 kb-...), obradoiros (taller de relaxación para bebés, obradoiro de coidado do entorno...), exposicións (\'Podemos, queremos\', \'Olladas de Muller\' -jpg, 140 kb-), viaxes...

Destacan entre elas as seguintes campañas, iniciativas, publicacións...:

Un futuro por compartir en Igualdade

Esta campaña, organizada conxuntamente pola OMIX e o CIM coa colaboración dos centros IES Dionisio Gamallo Fierros, IES Porta da Auga, Colexio Público Gregorio Sanz e Colexio Sagrado Corazón de Xesús, lévase a cabo no primeiro trimestre do curso académico desde 2005. Consiste na organización de obradoiros de sensibilización en igualdade, de prevención de violencia de xénero e de sexualidade e afectividade. Podes descargar aquí o cartel deste programa (jpg, 332 kb).

Subir

Muller Nin + Nin -

Esta campaña foi deseñada e organizada conxuntamente pola Axencia de Desenvolvemento local e o CIM e dirixida a toda a cidadanía e a todas as entidades do municipio. O seu obxectivo foi a sensibilización cidadá a través de mensaxes e conceptos cos que superar as desigualdades que existen no eido laboral. Cada mes dedicouse a unha temática concreta:
  • Marzo: A igualdade é un dereito, fagámolo realidade
  • Abril: Condicións laborais. Empregabilidade: \"Somos capaces, podemos\"
  • Maio: Diversificación e segregación profesional \"Atrévete a cambiar\"
  • Xuño: Conciliación laboral e familiar \"Co-resposanbilizate\"

Subir

Ribadeo unha vila para a conciliación

Unha das iniciativas da Concellería da Muller para contribuír á conciliación da vida familiar e laboral foi o establecemento de bonos-axuda (jpg, 360 kb) a través dun convenio coas ludotecas do municipio para subvencionar, cun mínimo do 50%, a asistencia dos nenos/as menores de 10 anos. Para adxudicar estes bonos establecéronse uns criterios de selección cuantitativos (límites económicos) e cualitativos (situación e cargas da familia).

Subir

Foros permanentes para a muller

Durante a primavera e ou outono, tanto nas parroquias do concello como na propia vila, celébranse foros, debates, encontros... nos que unha serie de profesionais proporcionan ás asistentes unha serie de técnicas preventivas que favorezan o coidado da súa saúde. Nestes foros, trátanse temas que afectan maioritariamente ás mulleres. Podes ver aquí os programas dos foros de 2005 (jpg, 300 kb), 2007 -jpg, 1.39 mb) e 2008 (jpg, 300 kb).

Subir

Protocolo de actuación en violencia de xénero

O \'Protocolo de prevención, detección e atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero\' do Concello de Ribadeo establece uns mínimos a partir dos que traballar de maneira continua para dar resposta ás mulleres víctimas de violencia de xénero. Nace con vocación de continuidade -a través de traballos de seguimento e avaliación- e de adaptación a unha realidade diversa e, por isto, aínda que non contén a resposta a todas as cuestións que se poidan suscitar, prevé mecanismos para dar resposta ás mesmas.

Para a súa elaboración, creouse unha comisión interinstitucional na que participaron representantes de diferentes áreas do Concello, do Centro de Saúde, da Garda Civil, da Policía Local e dos centros educativos de secundaria.

Subir

Ribadeo Muller

Ribadeo Muller é un boletín de información e opinión creado para avanzar na igualdade real de entre homes e mulleres. Esta publicación, que ten unha periodicidade semestral, ofrece información de todas as actividades programadas pola Concellaría da Muller e outros temas de interese. Se o desexas, podes descargar aquí o número 1 (pdf, 4.77 mb), o número 2 (pdf, 6.05 mb), o número 3 (pdf, 4.71 mb) e o número 4 (pdf, 1.03 mb) de Ribadeo Muller.

Subir

Guía dirixida a mulleres inmigrantes

Esta guía informativa, elaborada conxuntamente entre o CIM e a Oficina de Inmigración, está dirixida ao colectivo de mulleres inmigrantes que reside en Ribadeo, de cara a informalas sobre cuestións fundamentais para súa vida cotiá. Estas mulleres van a formar parte da sociedade ribadense e, por ende, da sociedade galega, polo que é necesario que coñezan os seus dereitos a través de recursos como este. A guía está editada en galego e tamén nos diversos idiomas que se falan nos países de procedencia da maior parte destas mulleres (español, inglés, ruso, árabe e portugués).

Subir

Actúa xa

Folleto informativo (jpg, 536 kb) sobre os dereitos das mulleres vítimas de violencia de xénero onde se especifican os recursos dos que se dispón a nivel local. Foi elaborado pola comisión interinstitucional que se encargou tamén do \'Protocolo de prevención, detección e atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero\'.

Subir

Xornada formativa sobre abordaxe integral da violencia de xénero desde o ámbito local

Estas xornadas formativas pretenden afondar, reflexionar e dar información sobre os aspectos que debemos ter presentes as/os profesionais para abordar desde unha perspectiva integral a violencia de xénero no entorno máis inmediato, no que nos movemos, o ámbito local. Nestas xornadas participan profesionais do sector sanitario, das FCSE, da policia Municipal, profesorado dos Centros educativos, educadores familiares, axentes de igualdade, avogadas/os, e profesionais dos servizos sociais.Podes visualizar aqui o programa das xornadas do 2008, 2009 e 2010.

Subir

Mulleres de Ribadeo nun congreso de emprendemento feminino en Vigo

Mulleres de Ribadeo nun congreso de emprendemento feminino en Vigo



© 2008 Concello de Ribadeo