Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Información e participación


Información e asesoramento

A Concellaría da Muller xestiona e deseña as políticas municipais dirixidas a acadar a igualdade plena de oportunidades entre mulleres e homes e a corresponsabilización da vida familiar e laboral; a fomentar os proxectos impulsados por colectivos de mulleres e a loitar pola erradicación da violencia de xénero.

O aceso a información, ao asesoramento e aos recursos canalízase a través do Centro de Información ás Mulleres un recurso que se puxo en marcha en setembro de 2004 para implementar as políticas de igualdade da Concellaría da Muller a través de:
  • Información e asesoramento xurídico sobre separacións e divorcios, abandono do fogar, impago de pensións alimenticias, baixas por maternidade, discriminación laboral, sucesións…
  • Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero, facilitando a xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais, e sociais oportunos.
  • Atención psicolóxica
  • Promoción e apoio ao asociacionismo e a participación das mulleres na sociedade civil.

En todos os casos, o CIM garante ás usuarias que así o demanden anonimato na súa identidade, respecto á súa vontade na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas, gratuidade de todos os servizos e confidencialidade e privacidade por parte do persoal do CIM.

Participación

Desde marzo de 2005 o Concello de Ribadeo conta tamén cun órgano que ten por obxecto promover a participación feminina na vida política e social ribadense, o Consello Municipal da Muller. Creado tamén como un instrumento de transmisión das propostas que xurdan en calquera ámbito relacionado coa muller, está integrado por un grupo de traballo estable que procura unha mellor calidade de vida para as mulleres ribadenses e que está formado por mulleres representantes das asociacións veciñais, de mulleres, de asociacións sectoriais, de partidos políticos, de sindicatos, por técnicas de emprego, de igualdade e a pola concelleira de Muller.

Municipios Familiarmente responsables

Entidade Familiarmente Responsable ( EFR)para Municipios é un movemento internacional vinculado coa Responsabilidade Social Corporativa( RSE) que se ocupa de avanzar e dar respostas en materia de responsabilidade e respeto a conciliacion da vida familiar e laboral, o apoio a igualdade de oportunidades, e a inclusion das persoas mais desfavorecidas.
O Concello de Ribadeo é conscente de que a calidade de vida da cidadanía, as empresas e os/as seus traballadores/as, e os propios empregados públicos do Concello inflúen no benestar, na productividade e na fidelización e na mellora continúa do municipio, e proba disto, e a decisión tomada de implementar este modelo.
logo cim

Documentación



© 2008 Concello de Ribadeo