Festas
Festa das Cruces
A finais de maio, sete semanas despois da Semana Santa, ten lugar esta popular romaría na Ponte. Xente con cruces en pendóns procedente das parroquias ribadenses de Ove, Covelas, Cedofeita e Arante e das de Sante, A Balboa e Vidal (Trabada) ondean os pendóns conmemorando o enfrontamento das xentes do lugar contra as tropas napoleónicas do xeneral francés M. FranÇois Fournier durante a Guerra da Independencia.
A festa comeza coa bendición dos campos e as novas colleitas no lugar de Bestilleiros, onde se unen á comitiva os pendóns das parroquias de Vidal e Arante. Na ponte esperan os de Ove, Covelas, Cedofeita, Balboa e Sante, parten en procesión ata o santuario, de onde saen coas imaxes da Virxe e de Santiago Apóstolo. No adro os portadores das insignias e cruces parroquiais reverencian a Virxe e bailan o pendón ata pousalo na terra, un acto que simboliza o agradecemento e a veneración. A procesión continúa despois arredor do templo, onde se celebra a misa maior.
Esta é unha celebración moi concorrida, tanto por devotos/as e persoas que se ofrecen como por público en xeral, de forma que aos actos relixiosos lles segue a sempre a festa profana.
Lugar
Parroquia: Arante (San Pedro)
Voltar