Concello de Ribadeo


Compartir:

Praias


Os Castros ou Marbadás

Praia de area branca, ondada moderada, ventosa e con bandeira azul dende 1997. O acceso debe facerse a pé e, na baixamar, ademais de formar algunha pequena piscina comunícase con outro areal ao que, se ben forma parte do mesmo espazo, se lle coñece tamén como praia das Illas. Nos Castros, de extraordinaria beleza, pode verse xa un anticipo das covas e formacións rochosas que alcanzan o seu máximo esplendor nas Catedrais.

A praia dos Castros, idónea para práctica do surf, marca o extremo oriental dun espazo de 297 hectáreas que se extende cara o oeste ata a praia de San Miguel de Reinante (Barreiros) e que conforma o Lugar de Importancia Comunitaria As Catredrais, inscrito na Rede Natura 2000.

Esta praia é, xunto coa das Catedrais ou Augasantas, unha das máis emblemáticas de Ribadeo e xuntas conforman un espectáculo natural en estado puro.

Como chegar

Dende a N-634, logo de pasar polo Rato, hai que seguir por un desvío que hai á man dereita e que conduce directamente á praia.

Observacións

Lugar

Parroquia: Devesa, A (Santalla)

Voltar

Anterior Ampliar Seguinte



© 2008 Concello de Ribadeo