Praia de area branca e fina que se estende entre un conxunto de illas pequenas e costa e que conforma unha paisaxe litoral moi atractiva para o visitante. Coa marea baixa únese á praia dos Castros deixando ao descuberto un fermoso paseo polo areal entre pozas, pechenas rochas e cantís.
Como chegar
Dende a N-634, ao seu paso por A Rochela, hai que seguir por un desvío que hai na estrada local á man esquerda.
Observacións
Tamén é coñecida como praia de Seborello ou Cabalar.
Ocupación: media
Lonxitude aproximada: 100 metros
Accesos: rodados
Servizos:
Aparcamento: si
Área recreativa: non
Socorrismo: si
Sinalización: si
Vestiarios: si
Paseo acondicionado: si
Bar-restaurante: en temporada
Material: area fina
Cor da area: branca
Forma: cuncha
Desembocadura fluvial: non
Contorno: rural
Tipo de praia: non ventosa, de ondada e perigosidade medias.