Praia de area branca e augas tranquilas formada por un conxunto de calas e entrantes situados nas inmediacións do Faro de Ribadeo. Atópase moi protexida dos ventos por un cantil duns 10 metros de altura.
O acceso debe facerse a pé e a visita recoméndase en baixa mar, xa que cando sube a marea queda totalmente cuberta pola auga.
Como chegar
Accédese dende a estrada local que comunica Vilaselán con Piñeira.
Observacións
Ocupación: baixa
Lonxitude aproximada: 30 metros
Accesos: rodados
Servizos:
Aparcamento: si
Área recreativa: non
Socorrismo: non
Sinalización: si
Vestiarios: non
Paseo acondicionado: non
Bar-restaurante: non
Material: pedras e area
Cor da area: branca
Forma: cuncha
Desembocadura fluvial: si (Regueiro de Vilaselán)
Contorno: rural
Tipo de praia: non ventosa, de ondada e perigosidade medias.