Dende os anos corenta celébrase no Monte de Santa Cruz de Ove unha xira homenaxe á gaita, un festival popular e folklórico que está declarado de interese turístico.
Ten lugar na primeira fin de semana de agosto, o sábado comeza con pregón e ao día seguinte grupos de músicos espertan a vila con alboradas, convocando aos veciños para subir ao monte. Xa en Santa Cruz, ten lugar unha romaría que dura todo o día e que inclúe un acto de homenaxe aos gaiteiros, un concurso de queimadas e comida e música ao aire libre.