Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

MARTA SAIZ PIDE DISCULPAS POLAS MOLESTIAS OCASIONADAS

Ascensor panorámico

05/09/2023

O ascensor panorámico de Ribadeo está pechado debido a unha importante avaría. O Concello tentará que volva funcionar o antes posible.

BAÑOS DE MAR E FROITOS DO MAR, PROTAGONISTAS ESTE MES

SetembroXNatural

05/09/2023

O mar como fonte de saúde e de vida e como xerador de recursos será o protagonista do SetembroXNatural do Concello de Ribadeo.

O ALCALDE ASINOU UN BANDO SOBRE ESTE ASUNTO

Plásticos agrícolas

04/09/2023

O Concello iniciará a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas o 19 de setembro. Todas as explotacións que precisen deste servizo deberán comunicalo no teléfono do punto limpo ata o día 15.

UNHA FORMA DE APOSTAR POLA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Produtos do mar

04/09/2023

O alcalde, Dani Vega, convida a achegarse á degustación de produtos do mar que ten lugar hoxe e mañá na contorna da praza de abastos de Ribadeo en horario de 12 a 15 horas polas mañás e de 18 a 21 horas pola tarde. A chegada desta iniciativa á vila está promovida pola Consellería do Mar, pola lonxa de Ribadeo e polo Concello. 

UN AMPLO E VARIADO PROGRAMA SE DESENVOLVERÁ ESTES DÍAS

Festas patronais

03/09/2023

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Marta Saiz, anima a gozar das festas patronais de Ribadeo que se prolongarán ata o vindeiro 10 de setembro.

OS FESTEXOS ARRINCAN HOXE CO PREGÓN

Hostalería local

01/09/2023

O alcalde, Dani Vega, considera que na semana das festas patronais é importante que o tecido económico se beneficie da moita xente que se achegará a Ribadeo e subliña que a hostalería local contará cun incremento horario de dúas horas.





© 2008 Concello de Ribadeo