ADOS CONMEMORA OS 30 ANOS DESTE SERVIZO
A Unidade Móbil de Doazón está hoxe a carón da antiga oficina de turismo. Desde o Concello animan á veciñanza a acudir a esta chamada.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS) percorre os municipios de Galicia, celebrando o 30 aniversario do nacemento da Axencia, e buscando a solidariedade dos veciños e veciñas de Galicia, e máis concretamente, de Ribadeo.
Ata a Unidade Móbil de Doazón se achegaron esta mañá o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras e concelleiros de Benestar Social, Cultura, Turismo, Medio Ambiente e Deportes, Elena Sierra, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz, Diego Dos Santos e Francisco José Silvent.
Desde o Concello animan "ás entidades que forman parte da vida social, deportiva e cultural de Ribadeo a achegarse á Unidade Móbil de Doazón ao longo desta xornada".
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo